Fomento da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes a través da arte

16 Mar 2023

O Instituto das Mulleres convoca subvencións para o fomento da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, destinadas á promoción das artes visuais, cinema e audiovisuais, música, artes escénicas, performativas ou outras manifestacións artísticas da cultura contemporánea vinculadas ás prácticas colaborativas cos públicos, especialmente mulleres.

Poderán ser solicitantes desta convocatoria:
a) As persoas físicas.
b) As asociacións sen ánimo de lucro.

O financiamento de cada proxecto realizarase por un importe mínimo de 3.000 euros e máximo de 15.000

O prazo para a presentación das solicitudes estará aberto ata o día 17 de abril de 2023
Máis información no BOE do 16 de marzo de 2023 e en https://www.inmujer.gob.es/servRecursos/convocatorias.do