Xa se pode solicitar prazas nas escolas infantís 0-3

16 Mar 2023

Xa se pode solicitar prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar integradas na Rede de escolas infantís de Galicia A Galiña Azul e nas escolas infantís dependentes da Axencia Galega de Servizos Sociais para o curso 2022/23.

Requisitos:
a) Que a nena ou o neno xa nacese no momento da presentación da solicitude.
b) Que teña unha idade mínima de tres meses na data de ingreso na escola infantil na que obteña praza e non teña feitos os 3 anos de idade o 31 de decembro de 2023. Poderanse eximir do límite de idade dos 3 anos os nenos e as nenas con necesidades específicas de apoio educativo.

As solicitudes están na sede electrónica da Xunta, https://sede.xunta.gal cos seguintes códigos:
- Escolas A Galiña Azul: BS404A para novo ingreso e BS404B para renovación de praza.
- Escolas Axencia Galega de Servizos Sociais: BS402A para novo ingreso e BS402F para renovación de praza.
O prazo para a presentación das solicitudes estará aberto ata o día 5 de abril de 2023.

Máis información en https://www.igualdadebenestar.org e na web https://politicasocial.xunta.gal/gl/areas/familia-e-infancia/escolas-infantis