Bolsas da Axencia Turismo de Galicia

16 Mar 2023

A Axencia Turismo de Galicia convoca 14 bolsas de formación práctica especializada para a promoción e información turística, mediante a realización de prácticas tuteladas en oficinas de información turística dependentes da Axencia Turismo de Galicia distribuídas da seguinte forma:

2 bolsas na Oficina de Turismo de Santiago de Compostela (praza de Mazarelos)
2 bolsas na Oficina de Turismo de Santiago de Compostela (Centro Internacional de Acollida ao Peregrino)
2 bolsas na Oficina de Turismo da Coruña
2 bolsas na Oficina de Turismo de Pontevedra
2 bolsas na Oficina de Turismo de Vigo
2 bolsas na Oficina de Turismo de Lugo
2 bolsas na Oficina de Turismo de Ourense

Duración:
O programa formativo desenvolverase ao longo do ano 2023 cunha duración máxima de 6 meses, contados a partir da data de incorporación da persoa bolseira que será, previsiblemente, o 1 de xuño de 2023.

Titulación:
grao en Turismo; mestrado relacionado con turismo; técnico superior en Guía, Información e Asistencia turísticas; técnico superior en Axencias de Viaxes e Xestión de Eventos
Só serán válidos os títulos obtidos a partir do 1 de xaneiro de 2018.

Idiomas:
a) Todas as persoas solicitantes deberán acreditar un coñecemento da lingua galega no nivel Celga 4, perfeccionamento ou título equivalente.
b) Inglés: deberase achegar certificado B1 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas ou superior, ou acreditación oficial de nivel equivalente ao B1 ou superior. De consideralo necesario, a Comisión de Valoración poderá realizar unha proba oral para a comprobación do nivel de idioma.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 17 de abril de 2023.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento TU981A
Máis información no DOG do 16 de marzo de 2023 e en http://www.turismo.gal/canle-institucional/actualidade/taboleiro-de-anuncios