A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) convoca subvencións destinadas a financiar as programacións culturais realizadas nos concellos polos que discorren os diferentes camiños de Santiago, para contribuír á promoción das artes escénicas e musicais.
As programacións incluídas nesta convocatoria deberán conter como mínimo dúas contratacións de teatro, danza, música, novo circo ou maxia cun orzamento superior a 5.000 euros nos concellos de menos de 20.000 habitantes e de 8.750 euros nos concellos de máis de 20.000 habitantes.
As programacións serán desenvolvidas entre o 15 de xuño ao 31 de agosto de 2023.
As solicitudes presentaranse a través do formulario CT301A en https://sede.xunta.gal/portada
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 17 de abril de 2023.
Maís información no DOG do 15 de marzo de 2023 e en Agadic: http://www.agadic.gal
As empresas dedicadas profesionalmente ás artes escénicas ou musicais con sede, domicilio social ou establecemento permanente en Galicia, poderán inscribir os seus espectáculos de teatro, danza, narración oral, novo circo, maxia e concertos de música de calquera modalidade.
A inscrición de propostas poderá formalizarse ata o 30 de marzo a través da plataforma profesional www.galescena.gal