Bolsas Fundación Ramón Areces para Estudos Posdoutorais no Estranxeiro

13 Mar 2023
Bolsas Fundación Ramón Areces para Estudos Posdoutorais no Estranxeiro
 
Prazo de inscrición: Do 10/04/2023 ao 03/05/2023
 
Información:
A Fundación Ramón Areces ten entre os seus obxectivos fundamentais impulsar proxectos de investigación científica e técnica en España a través de Certames Nacionais, a formación de mozos investigadores, así como a promoción e desenvolvemento da educación e da cultura en xeral.
Nesta XXXV convocatoria, a Fundación Ramón Areces concederá bolsas para a realización de estudos en universidades e centros de investigación do estranxeiro, durante os anos 2023 e 2024 sobre temas relacionados coas Ciencias da Vida e dos Materiais.
A convocatoria deste ano está orientada aos ámbitos de:
-Biomedicina.
-Química.
-Física e matemáticas.
-Preservación da Biosfera.
Estas bolsas teñen unha duración dun ano, prorrogable por un segundo ano previo informe do Consello Científico da Fundación. O desfrute da bolsa realizarase entre o 1 de outubro de 2023 e o 30 de setembro de 2024.
O prazo de presentación de solicitudes comeza o 10 de abril e remata o 3 de maio de 2023.
 
Convocatoria: Fundación Ramón Areces
 
Requisitos:
-Nacionalidade española.
-Estar en posesión do título de doutor/a dunha universidade española ou estranxeira, no momento de presentar a solicitude. Nesta convocatoria terán preferencia os candidatos que obtiveran o título de doutor entre os anos 2019 e 2023.
-Estar admitido nunha universidade ou centro de investigación estranxeiro para o curso 2023-2024.
-Excelente coñecemento do inglés ou da lingua do país de destino.
-Non ser beneficiario de ningunha bolsa ou axuda económica para a realización de estudos, créditos ou calquera outra misión de natureza análoga durante o desfrute da bolsa.
 
Dotación: 2.400 euros mensuais netos.
 
 
Para máis información: