III Concurso Nacional de Podcast Escolar de RNE

09 Mar 2023

O concurso está impulsado por RNE en colaboración con Eloquenze e está destinado a colexios e institutos situados en territorio español. Unha idea que potencia o traballo en equipo, a creatividade e a comunicación dos alumnos. Tres valores importantísimos para o seu futuro.

Poden participar o alumnado e o persoal docente de calquera CEIP, CEE ou IES público ou concertado (privado) de España.

A participación realízase mediante a presentación dun arquivo de audio (podcast) que pode ter formato de programa, informativo, reportaxe, documental ou ficción sonora (contos, fábulas, recreacións históricas...). Pode ser real ou inventado, serio ou divertido; gravado en directo ou con postproducción, cunha duración máxima de 5 minutos e en castelán.

Cada centro pode presentar un podcast por cada aula incluída en cada unha das categorías:
Categoría 1: 1º, 2º e 3º de Primaria
Categoría 2: 4º, 5º e 6º de Primaria
Categoría 3: 1º, 2º e 3º de ESO
Categoría 4: 4º de ESO, 1º e 2º de Bacharelato e FP.

O prazo para presentar proxectos está aberto ata o 17 de abril de 2023.

Outorgarase un premio por categoría que consistirá en:
A visita dun equipo de RNE ao colexio gañador en cada categoría para a gravación/emisión dun programa de radio de emisión nacional.
1 ano de plataforma gratuíta en Eloquenze. com
Un lote de produtos de RTVE.

https://www.eloquenze.com/stations/iii-concurso-nacional-de-podcast-escolar