Bolsas Wonnow para mulleres

08 Mar 2023

As alumnas de graos STEM de universidades españolas con 180 créditos superados xa poden presentarse á sexta edición dos Premios WONNOW, uns galardóns consolidados e de referencia no ámbito universitario impulsados por CaixaBank e Microsoft.

Os premios inclúen unha dotación económica de 10.000 euros á alumna con mellor expediente académico, traxectoria persoal, profesional e social e este ano amplíanse a 15 as bolsas remuneradas para traballar durante 6 meses en CaixaBank, ademais do acceso a un programa de mentoring de Microsoft.

Ata o 30 de xuño, as interesadas en participar nesta edición poden presentar a súa candidatura na web www.wonnowawards.com 

As aspirantes deben cumprimentar un formulario, que inclúe preguntas para examinar os seus méritos e coñecer o seu perfil, debido a que se valora tanto o expediente académico como os seus méritos persoais, profesionais e sociais. Ademais, deben achegar o seu currículo e nota media dos 180 primeiros créditos superados.

https://www.wonnowawards.com/