Danos a túa opinión sobre a Tarxeta Europea de Diversidade Funcional mediante este cuestionario!
Moitas persoas con diversidade funcional na Unión Europea aínda teñen problemas cando viaxan a outros países da Unión Europea, enfrontándose a dificultades como:
- Ter un certificado de discapacidade que non é aceptado no país ao que viaxan
- Non recibir beneficios (por exemplo, prezos reducidos cando compran un boleto de cinema)
Para eliminar estes inconvintes, a Unión Europea quere introducir unha Tarxeta Europea de Diversidade Funcional.
Por que consultamos
- Solicitar opinións dos provedores de servizos e do público en xeral sobre a iniciativa
- Solicitar opinións e datos sobre o problema e as distintas solucións para resolvelo
- Crear unha análise sólida e baseada en datos.
Podes responder ao cuestionario ata o 5 de Maio de 2023
Os cuestionarios están dispoñibles nalgunhas ou todas as linguas oficiais da UE. Podes enviar as súas respostas en calquera das linguas oficiais da UE. Tamén se publica un breve cuestionario de fácil lectura https://ec.europa.eu/eusurvey/runner/EuropeanDisabilityCardETR?surveylanguage= É accesible para todos/as, incluídas as persoas con discapacidade cognitiva.
Accede ao formulario na seguinte ligazón: www.ec.europa.eu