Paradores de Turismo de España lanza unha oferta de 106 vacantes na súa rede de paradores distribuídos por todo o territorio nacional. Os postos de traballo están financiados pola Unión Europea-Next Generation EU e desenvólvense no marco do Proxecto Primeira Experiencia Profesional nas administracións públicas cuxo obxectivo é impulsar o Emprego Novo.
Requisitos
• Maior de 16 e menor de 30 anos
• Contar coa acreditación de completar os estudos correspondentes
• Estar rexistrado/a como demandante de emprego
Prazas dispoñibles
22 vacantes de cociñeira/o
13 vacantes de camareira/o
O programa Primeira experiencia profesional nas administracións públicas Prazas Primeira experiencia profesionais é un dos proxectos previsto no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia PRTR que quere facilitar ás persoas mozas empezar unha carreira profesional e adquirir á vez, competencias útiles como a empatía, os dotes de liderado ou a capacidade de adaptación.
Podes enviar a túa candidatura á dirección de correo electrónico: pex@parador.es
Máis información en www.sepe.es