Igape responde! Asesoramento ao emprendemento

27 Feb 2023

Pensas investir en Galicia? Queres analizar a túa idea de negocio?

Igape Responde é o programa gratuíto de resposta inmediata da Xunta para apoiar, asesorar e formar a empresas, persoas autónomas e emprendedoras de Galicia.
O obxectivo é axudar ao tecido empresarial ante os novos retos que presenta o actual contexto económico.

Nas citas virtuais de MARZO IGAPE axúdache a resolver as túas dúbidas:
- LUNS, 6 - Valorando a realización de investimentos en Galicia. Incentivos económicos a ter en conta
- MÉRCORES, 8- Ferramentas e recursos para persoas emprendedoras
- LUNS, 13 - Analizando a miña idea de negocio co Business Model Canvas
- MÉRCORES, 15 - Implantar unha política financiera eficaz cos meus clientes. Que debo ter en conta?
- LUNS, 20 - Como aproveito WhatsApp Business no negocio? Mellorar o meu servizo aos clientes

O teu negocio é a nosa prioridade! Podes contarnos que é o que che preocupa e poñemos á túa disposición unha persoa experta. Asesoramento gratuíto e en liña!

Como che axudamos?
➡Na captación de novos clientes 
➡Coas débedas a curto prazo 
➡Na optimización dos stocks 
➡Na posta en marcha dun novo negocio

Podes consultar os próximos eventos na seguinte ligazón: ww.responde.igape.es