Que o inverno non te pare

24 Feb 2023

Baixo o lema “Que o inverno non te pare” a Concellería de Xuventude e Voluntariado de Cangas do Morrazo oferta diferentes actividades de tempo libre para a mocidade e comezarán con:

Fin de semana branco: do 17 ao 19 de Marzo 2023 - Estación de esquí de Leitariegos (León). 50 participantes. Deben ter 18 anos ou menores acompañados/as
- 3 dias/ 2 noites en réxime de media pensión
- Material de esquí
- Forfait 2 días
- Curso de esquí (4 horas)
- Monitor acompañante 24 horas
- Autobús ida e volta
- Cota de participación 203 €

O prazo de inscrición xa está aberto.

Curso de Monitores/as de Tempo Libre en colaboración coa Escola de Tempo Libre Barlovento, dará comenzó na Casa da Xuventude de Cangas un novo curso de Monitores/as de Tempo Libre que se prolongará dende o 18 de marzo ata o 21 de maio.

Os/as interesados/as deberán chamar a Casa da Xuventude 986 392 171

O prazo de inscrición xa está aberto!!

20º Certame de cómic. Dirixido a xóvenes artistas non profesionais de ata 35 anos cumpridos dentro do ano 2023.

Os traballos deberán ser presentados antes do 30 de xuño de 2023

Máis información na Casa da Xuventude
Rúa Real, 29
36940 Cangas do Morrazo

Teléfono: 986 392 171
Mail: xuventude@cangas.gal
Web: www.cangas.gal