Curso en Ames de Monitor/a de actividades de tempo libre da ETL Aventeira

23 Feb 2023

A ETL Aventeira Escola desenvolverá o curso de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre promovido polo Concello de Ames, que inclúe o Certificado de Manipulador/a de Alimentos e contido especializado en xénero e igualdade, educación emocional, comunicación non violenta, participación e orientación laboral no tempo libre.

Datas: Sábados, domingos dende o 18 de marzo ata o 7 de maio e os festivos de abril e maio.
Horario: Parte presencial: de 9:00-14:00 e de 16:00-21:00.
Lugar: Pazo da Peregrina e Casa da Cultura (Bertamiráns).
Duración: 200 horas da fase teórico-práctia e 150 horas da fase de prácticas. Precísase unha asistencia ao 80% do total das horas teórico-prácticas para superar o curso, así como superar a parte práctica.

Prezo: 172 € (con posibilidade de fraccionamento)

Teléfonos: 722 349 493 e 722 349 497

Correo electrónico: escola@aventeira.com

Web: www.aventeira.com