A Fundación Botín convoca unha bolsa no estranxeiro destinada a formación especializada co obxecto de obter unha capacitación profesional na teoría e técnicas sobre a xestión de museos e a organización de exposicións dunha maneira integral. O destino da formación debe estar orientado á arte contemporánea (desde as vangardas á actualidade).
A axuda gozarase a partir da súa concesión, polo período pactado e sen interrupción. É imprescindible o seu inicio antes de finalizar 2023.
A solicitude e documentación presentarase exclusivamente por vía telemática a través da Web Fundación Botín
A decisión darase a coñecer a partir do venres 30 de xuño de 2023.
Requisitos
Ser diplomado, licenciado, graduado ou estudante de posgrao, en Belas Artes, Historia da arte, Filosofía e Estética, Literatura, Humanidades, ou Crítica de Arte. Ou ser unha profesional da arte que, non cumprindo os requisitos anteriores, poida demostrar capacitación no campo.
Posuír a nacionalidade española, ou demostrar a residencia desde os cinco anos anteriores á solicitude.
Ter entre 22 e 40 anos.
Dominar o idioma do país onde se atope o centro elixido.
Contar coa aceptación por escrito do centro de formación elixido.
O tempo de goce da bolsa será de 1 curso lectivo no centro elixido.
A dotación total da bolsa comprende 18.000 euros, en concepto de viaxes, aloxamento, manutención, etc., aos que se sumarán ata un máximo de 12.000 euros destinados ao abono da matrícula no centro de formación elixido.
Más Información
Páxina web
Bases da Convocatoria
Instrucións de solicitude
becas@fundacionbotin.org