Programa intensivo de inmersión lingüística en inglés

31 Xan 2023

O Ministerio de Educación convoca 2.400 bolsas para a estanza e participación nun programa intensivo de inmersión lingüística en inglés en España dunha semana de duración cada unha delas, en réxime de internado e pensión completa, durante o mes de xullo de 2023.

Requisitos:
a) Nacer entre o 1 de xaneiro de 2003 e o 31 de decembro de 2006
b) Estar matriculado no curso 2022-2023 en calquera curso dalgún dos seguintes estudos:
- Bacharelato
- Ensinos profesionais de música e danza
- Grao medio de Formación Profesional
- Grao medio de artes plásticas e deseño
- Grao medio de ensinos deportivos e
- Ensinos de idiomas de nivel intermedio ou avanzado
c) Obter no curso 2022-2023 a condición de bolseiro do Ministerio de Educación e Formación Profesional.
d) Ter aprobadas todas as materias do curso inmediato anterior, a data de finalización do curso, cunha nota final mínima de 7 puntos na materia de inglés.

Contía da axuda.
A obtención da axuda comportará a cobertura de todos os gastos de participación no curso, con excepción de 100 € e os gastos de desprazamento ao centro, que serán por conta do participante.

A solicitude deberase cumprimentar mediante o formulario accesible por internet a través da sede electrónica do Ministerio de Educación na dirección www.educacionyfp.gob.es no apartado correspondente a Trámites e servizos.

O prazo para a presentación de solicitudes está aberto ata o 3 de abril de 2023.
Máis información no BOE do 31 de xaneiro de 2023 e en https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/estudiantes/becas-ayudas/extraescolares.html