Día da Xuventude en Monterroso

25 Xan 2023

Día da Xuventude é un programa da Consellería de Política Social e Xuventude que conta cunha ampla programación formativa e de ocio destinada tanto á mocidade como ás familias, dado que tamén favorece a conciliación da vida familiar e laboral. Este programa da Xunta de Galicia, que conta co financiamento do Ministerio de Igualdade en desenvolvemento do Plan Corresponsables, recalará en 30 concellos das catro provincias galegas.

A terceira parada desta programación será en Monterroso o sábado 28 de xaneiro de 16:00 h a 21:00 h na Cúpula Monterroso.

Os mozos e mozas participantes poderán gozar dun amplo abano de actividades totalmente gratuítas:

Gastronomía saudable: xogos educativos e show cooking con produtos locais e de tempada.

Lecer educativo: fútbol burbulla, futbolín humano, slackline e tiro con arco.

Sensibilización medioambiental: talleres dinámicos sobre a protección do medio, o cambio climático ou a reciclaxe.

Igualdade de xénero: relacións tóxicas vs. relacións de bo trato.

Taller de graffiti: técnicas de aprendizaxe rápida e mural común.

Habilidades para a empregabilidade: dinámicas grupais para a elaboración do currículo ou abordaxe dunha entrevista de traballo.

Información xuvenil: caravana móbil como punto de información de recursos para a mocidade.

Folleto informativo