Cursos gratuítos para persoas traballadoras, autónomas e desempregadas de Galicia

25 Xan 2023

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Federación Galega de Comercio (FGC) poñen en marcha un convenio de colaboración para a realización de accións formativas para persoas traballadoras, autónomas e desempregadas de Galicia.

O obxectivo principal desta formación gratuíta, é impulsar as aspiracións de promoción profesional do conxunto de galegos e galegas, mellorando as súas competencias e habilidades para dar resposta ás necesidades actuais do mercado laboral.

Que vas conseguir?
Completar a túa formación gratis nunha materia concreta.
Adaptarte a transformación dixital incorporando e promovendo o uso das novas tecnoloxías.
Aumentar a capacidade para asumir novas responsabilidades ou funcións dentro da empresa.

En qué consiste esta modalidade?
Aprendizaxe online a través do Campus Virtual.
Conéctate en calquera momento do día.
Contarás co apoio dun titor persoal para resolver todas as dúbidas e consultas.

Unha vez finalizada a formación, obterás un diploma que certifica o correcto aproveitamento do curso.

Consulta a continuación a oferta de cursos dispoñibles e solicita a túa praza na seguinte ligazón: cluster.comerciogalicia.org