A Rede Cultural da Deputación da Coruña está dirixida aos artistas que queran ser contratados e a Concellos que queran contratar espectáculos.
O obxecto da Rede Cultural é contribuír á difusión e á promoción da música, do folclore, do teatro, da danza, do cine e das demais manifestacións artísticas na provincia, por medio do coñecemento das actividades que se están a producir neste ámbito e do seu achegamento aos concellos.
Convócanse os seguintes programas de difusión cultural:
Escena ao vivo! Programación de espectáculos profesionais de teatro, monicreques, danza e música para concellos.
Visións. Programación de cinema e contidos audiovisuais para concellos.
Alicerce. Programación de música, danza e teatro para grupos non profesionais. No programa Alicerce, ademais dos concellos, poderán contratar propostas artísticas non profesionais as asociacións sen ánimo de lucro da provincia.
Lingua a escena! Programa de espectáculos profesionais de música, teatro, danza, narración oral e monicreques con contidos específicos orientados á dinamización social da lingua galega, para concellos.
Prazos:
Os artistas poderán facer a inscrición de espectáculos ata o 7 de febreiro de 2023, as 14:00 h
Os concellos e asociacións poderán solicitar actuacións dende o 17 ata o 31 de marzo de 2023, as 14:00 h.
Os espectáculos poden desenvolverse entre o 1 de xaneiro de 2023 e o 31 de marzo de 2024.
Máis información en https://www.dacoruna.gal/cultura/rede-cultural/
Publicado no BOP da Coruña do 20 de xaneiro de 2023