(EUSPA) a Axencia da Unión Europea para o Programa Espacial, situada en Praga, ofrece períodos de prácticas remuneradas en distintos departamentos dunha duración de 6 meses.
O alumnado apoiará as actividades diarias do Departamento da ITF da Axencia. O alumno/a contribuirá ás operacións de apoio ao usuario ou ás actividades de xestión de proxectos. Convídase ás persoas candidatas a indicar a súa preferencia na carta de motivación.
Está prevista unha remuneración mensual de 1.200 € con posibilidade de renovación.
Requisitos:
- Titulados/as universitarios/as (actuais ou en breve) con nacionalidade dun Estado membro da Unión Europea.
- Coñecementos profundos dunha lingua oficial da Unión Europea e coñecementos satisfactorios doutra lingua da Unión Europea. Unha delas debe ser a lingua de traballo da Axencia (o inglés).
- Experiencia inicial ou unha experiencia específica nun dos ámbitos de traballo da Axencia, obtida ben mediante a especialización como parte dos estudos da persoa solicitante dun título universitario, unha disertación ou outro proxecto de investigación realizado como parte dos seus estudos ou a través da experiencia profesional ou un período de prácticas anterior ou doutra maneira.
Prazo: 31 de marzo de 2023