Actividades en Oleiros durante o mes de febreiro

24 Xan 2023

Dende as Casas da Mocidade de Oleiros, Portaberta e As Pedras, publican as súas actividades para o mes de febreiro.

Todas as súas actividades son gratuitas e están dirixidas a mozas e mozos de entre 14 e 30 anos, independentemente do concello ao que pertenzan, tendo preferencia os empadroados no Concello de Oleiros.

Ademais continuaran coas súas seccións de entrevistas "Xuventude Activa" e "Elixe o teu futuro", así como unha entrevista co seu contacto de SEDRA - FPFE, que se realizan a través da súa conta de Instagram.

Actividades:
10/02/2023 - CURSO DE NEEDLE FELTING - PORTABERTA - 17:30h a 20:30h
11/02/2023 - CURSO DE AUTODEFENSA PERSOAL - PORTABERTA - 10:00h a 14:00h e de 16:00 a 20:00h.
11/02/2023 - OBRADOIRO DE COCIÑA MOLECULAR - AS PEDRAS - 17:30h a 19:30h.
17/02/2023 - OBRADOIRO DE COCIÑA DE ENTROIDO - PORTABERTA - 17:30h a 19:30h.
18/02/2023 - 3ª ETAPA DO CAMIÑO DE SANTIAGO - 08:30h a 18:00h.
24/02/2023 - CONCURSO DE PUZZLES POR PARELLAS - AS PEDRAS - 17:30h a 19:30h.
24/02/2023 - CONCURSA POLO CAMBIO - PORTABERTA - 18:00 a 19:00h.
25/02/2023 - CURSO DE LETTERING - AS PEDRAS - 17:30h a 20:30h.
DATA SEN CONFIRMAR - MOCIRADIO.

Os Puntos de Información Xuvenil están abertos de luns a venres en horario de 17:00 a 20:00
O horario de apertura ao público das Casas da Mocidade é de luns a venres de 17:00 a 22:00 e sábado dende as 18:00 ate as 22:00 Portaberta e ata as 23:00 As Pedras.

Instagram: @centrosmocidadeoleiros
Facebook: Casas da Mocidade Oleiros
https://centrosmocidadeoleiros.wordpress.com/ na cal poderás estar ao tanto das súas actividades, acceder ás inscricións, reservar espazos dos centros, facer consultas,...