Curso en Oleiros de Monitor/a de actividades de tempo libre

24 Xan 2023

Dende as Casas da Mocidade de Oleiros, Portaberta e As Pedras, organizan un curso de Monitores/as de Tempo Libre.

O curso realizarase integramente nas Casas da Mocidade de Oleiros, é totalmente gratuíto e as persoas empadroadas en Oleiros terán preferencia á hora de inscribirse.

O curso dará comezo o vindeiro día 4 de marzo e rematará o día 20 de maio. Constará de 140 horas presenciais, 60 horas online e 150 horas de prácticas.

Os requisitos para poder acceder ao curso son os seguintes: Ter entre 18 e 30 anos e estar en posesión da ESO (ou equivalente).

As datas presenciais serán:
En Marzo: 4, 5, 11, 12, 18, 19, 25, 26
En Abril: 15, 16, 22, 23, 29, 30
En Maio: 6, 7, 13, 14, 20.

Horarios destas os sábados de 09:00 a 14:00; e os domingos 09:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00.

As datas online serán: dende Marzo ata Maio.

O prazo de inscrición é o 21 de febreiro de 2023

IMPORTANTE: a confirmación da praza farase a través de correo eléctronico unha vez rematado o prazo de inscrición. Dende a recepción do correo haberá 24 horas para confirmar a asistencia ou a denegación da praza. Pasadas ditas 24 horas, realizarase unha chamada para intentar contactar con esa persoa; se non se establece o contacto, automaticamente pasarase á seguinte persoa da lista.

Podes estar ao tanto de todo o que fan a través da súa conta de Instagram: @centrosmocidadeoleiros, na páxina de Facebook: Casas da Mocidade Oleiros ou na web: https://centrosmocidadeoleiros.wordpress.com/