Política Social e Xuventude mantén unha reunión co grupo de traballo de Galicia das embaixadas para o diálogo coa xuventude

23 Xan 2023

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, mantivo un encontro co grupo de traballo en Galicia das Embaixadas para o Diálogo coa xuventude, unha iniciativa da Unión Europea que promove o debate entre a mocidade e os responsables da toma de decisións para o deseño, implementación, seguemento e avaliación das políticas públicas que repercuten á xuventude.

En cada comunidade autónoma, estas embaixadas están formadas por un grupo de mozos e mozas que buscan establecer procesos de diálogo. Esta iniciativa enmárcase dentro do IX Ciclo do Diálogo coa Xuventude, que durará ata o 30 de xuño deste ano.

Cristina Pichel tivo a oportunidade de coñecer de primeira man os pasos acadados polo grupo de traballo galego e o calendario previsto de accións ata que remate o ciclo.