ERASMUS+ Seminario e Curso de formación Internacional

23 Xan 2023

Desde a OMIX de Ribadavia ofértanse prazas para dous proxectos Internacionais do programa Erasmus+:

1. “ACT(OR/RESS) IN REAL LIFE”: Curso de Formación Internacional de 7 días en Romanía! (prazas limitadas)

Se che interesa o teatro e as ferramentas dixitais, participa, do 11 ao 19 de marzo de 2023 no Curso de Formación "ACT(OR/RESS) IN REAL LIFE” financiado polo programa Erasmus+ (gastos de aloxamento, manutención e viaxe de ida e volta cuberto polo programa Europeo Erasmus+).

A actividade é para persoas de máis de 18 anos de idade. Durante estes 7 días na cidade de Oradea en Romanía, participarás a actividades diversas organizadas por profesionais do teatro: metodoloxía teatral, comunicación, traballo en grupo, técnica teatral e perfeccionamento de habilidades dixitais.

O obxectivo principal deste curso de formación é reducir as consecuencias negativas da Covid-19 e da corentena, mediante o uso de métodos teatrais e técnicas de arte dramática. Xunto cos organizadores e os demais participantes, traballarás en diversos temas para atopar solucións coas que fortalecer as habilidades dos mozos e responder as súas necesidades a través das ferramentas teatrais.

Queres saber máis sobre este curso, o aloxamento e o transporte? Atoparás todo no infopack: Infopack Act(or/ress) in real life
As prazas son limitadas, se estás interesado/a, inscríbete xa nesta ligazón antes do 27 de Xaneiro: Formulario de inscrición 


2. Seminario Internacional sobre a Axenda 2030 en Madrid!

Tes 18 anos e es voluntario/a ou membro dalgunha asociación ou entidade ou traballador/a en activo? Do 19 ao 25 de febreiro 2023, participa no seminario internacional do Servizo Civil Internacional sobre a Axenda 2030!

Durante esta actividade de 7 días en Madrid, falarase sobre como alcanzar os “Obxectivos de Desenvolvemento Sostible” (SDGS) da Axenda 2030. Se non sabes de que trata a Axenda 30: Os seus obxectivos son erradicar a pobreza extrema e a fame, combater a desigualdade e o cambio climático, garantir a igualdade de xénero e os dereitos humanos das mulleres e garantir o acceso universal aos servizos de saúde, entre outros.
É unha axenda universal que compromete a todos os países, sexa cal for o seu nivel de desenvolvemento.

Para saber máis sobre os gastos da viaxe, o aloxamento e o seminario: Seminario Internacional Axenda 2030
Tes ata o 24 de xaneiro para anotarte no seguinte formulario: Formulario de inscrición

Máis información: omix.ribadavia@gmail.com