Bolsas de formación do Instituto Galego da Vivenda e Solo 2023

18 Xan 2023

O Instituto Galego da Vivenda e Solo convoca 10 bolsas de formación coa finalidade de que as persoas con titulacións universitarias e de grao relacionados cos ámbitos de actuación deste organismo poidan complementar os seus coñecementos teóricos cunha formación práctica.

As prazas convocadas son as seguintes:
5 bolsas para persoas con grao en Arquitectura ou con grao en estudos de Arquitectura con máster habilitante.
1 bolsa para persoas con grao de Arquitectura Técnica.
1 bolsa para persoas con grao en Enxeñería con máster en Enxeñería de Camiños, Canles e Portos ou máster en Enxeñería industrial.
2 bolsas para persoas con grao en Dereito.
1 bolsa para persoas con grao en Economía.

As bolsas de formación levarán a cabo en xornada de mañá, de luns a venres, nas dependencias do IGVS, coa distribución territorial que se indica na convocatoria.

O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes, desde o día 19/01/2023 ata o día 20/02/2023. As solicitudes presentaranse electronicamente a través da sede electrónica (código de procedemento VI440D).

Requisitos
Terminar o grao esixido con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2019.
Ter competencia en lingua galega no nivel Celga 4, equivalente ou superior.
Non ser con anterioridade beneficiario doutra bolsa de formación do IGVS.
Non ter emprego remunerado nin gozar doutra bolsa similar a esta. Noutro caso, deberá renunciarse ao emprego ou á bolsa con anterioridade ao comezo da formación.
Non estar incursa en ningunha das circunstancias especificadas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Dotación
O importe de cada bolsa será de 1.000 euros brutos ao mes.

 

Convocatoria no DOGPresentación solicitude