A UDC abre o prazo de presentación de solicitudes para a convocatoria do programa de mobilidade de estudantes, curso 2023/2024, para realizar estadías con fins de estudos en universidades estranxeiras.
O obxectivo desta convocatoria é seleccionar ao estudantado da UDC para participar no curso 2023/2024 nos programas internacionais de mobilidade seguintes:
1. Acción Clave Primeira. Mobilidade de Estudantes do Programa Erasmus+, KA 131, modalidade con fins de estudos
2. Mobilidade internacional no marco de convenios bilaterais ou de dobre titulación internacional asinados pola UDC, á marxe dos acordos Erasmus+ (mobilidade bilateral SM e SM específico)
SOLICITUDES: presentarase unha única solicitude en liña no portal www.udc.es/gl/ori/inf_estudiantes_UDC/mobilidade_internacional/index.html
O número de prazas e destinos é diferente para cada centro. O/a estudante pode consultar a oferta de prazas existente para o seu centro, tanto para mobilidade Erasmus+ como para a Bilateral na web https://udc.moveonfr.com/publisher/1/spa
PRAZOS: establécense 3 convocatorias cos seus repectivos prazos:
1º prazo de resolución da convocatoria Apertura do 1º prazo: 19/01/2023 Límite de presentación de solicitudes: 08/02/2023
2º prazo de resolución da convocatoria Apertura do 2º prazo: 08/05/2023 Límite de presentación de solicitudes: 29/05/2023
3º prazo de resolución da convocatoria Apertura do 3ª prazo: 02/10/2023 Límite de presentación de solicitudes: 20 días antes da data limite de nomeamentos de candidaturas en destino (en todo caso, antes do 02/11/2023)
Podes ver os requisitos para participar na convocatoria de prazas de mobilidade na seguinte ligazón: Requisitos para participar.
Páxina web
Oficina de Relacións Internacionais da UDC
Casa do Lagar - Campus de Elviña (15071 - A Coruña)
Tel.: 981 167 000 (ext. 1959)
Correo-e: outgoing.rrii@udc.es
Bases da convocatoria 2023-2024