Bolsas de Excelencia Rafael do Pino 2023 - 2024

18 Xan 2023

A Fundación Rafael Pino convoca un conxunto de bolsas para graduados/as, licenciados/as e titulados/as superiores destinadas á ampliación dos seus estudos con dedicación a tempo completo -que inclúe a posibilidade de exercer a docencia-, en Universidades e Centros de investigación de primeiro nivel no mundo.

O nivel dos estudos para cursar é de máster ou doutoramento. O número de bolsas previsto para o curso 2023-2024 é dun máximo de 10.

A convocatoria para solicitar a bolsa estará aberta ata o día 23 de febreiro de 2023 ás 14:00 (CET). Podes presentar a túa solicitude na seguinte ligazón.

Requisitos
1. Nacionalidade. Os/as solicitantes deberán ter a nacionalidade española.
2. Titulación. Poderán solicitar as bolsas exclusivamente:
- Solicitantes en posesión de título superior (titulación de grao universitario, licenciatura ou máster) expedido por unha universidade española ou estranxeira.
- Solicitantes cursando o seu último ano durante o curso académico 2022-2023 nalgunha universidade española ou estranxeira. En caso de concesión dunha bolsa, esta quedará supeditada á acreditación da solicitude de expedición do título na convocatoria de xuño/xullo.
3. Idioma. Os/as solicitantes, de forma inescusable, deberán acreditar documentalmente un excelente coñecemento escrito e falado do idioma inglés e, no seu caso, do idioma no que levarán a cabo os estudos para realizar.

Contía máxima anual da bolsa por todos os conceptos:
21.000 euros para máster de grao
24.600 euros para estudos de doutoramento
50.000 euros para MBA, máster ou similar

Bases da convocatoria / Solicitude | becas@frdelpino.es | Telf. +34 91 396 86 00