Bolsas no Valedor do Pobo para persoas con discapacidade

18 Xan 2023

As bolsas terán por obxecto contribuír á formación práctica no organismo Valedor do Pobo de persoas con discapacidade física, orgánica ou sensorial.

Poderán ser beneficiarias destas bolsas as persoas que acrediten reunir os seguintes requisitos:
– Ser española ou nacional dun Estado membro da Unión Europea ou daqueles Estados aos cales en virtude de tratados internacionais sexa aplicable a libre circulación de persoas.
– Ser persoas con discapacidade física, orgánica ou sensorial.
– Posuír un grao universitario ou equivalente.
– Ter un coñecemento do galego como idioma propio de Galicia cun nivel Celga 4 ou equivalente.

A persoa beneficiaria da bolsa disporá dunha asignación de 12.000 € brutos anuais, que se percibirán despois de rematado cada mes do prazo da súa duración, a razón de 1.000 € mensuais.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 1 de febreiro de 2023

Máis información no DOG do 18 de xaneiro de 2023 e en https://www.valedordopobo.gal