Bolsas no Instituto Galego da Vivenda e Solo

18 Xan 2023

O Instituto Galego da Vivenda e Solo convoca bolsas de formación.

As prazas que se convocan son as seguintes:
– Cinco bolsas para persoas con grao en Arquitectura ou con grao en estudos de Arquitectura con máster habilitante.
– Unha bolsa para persoas con grao de Arquitectura Técnica.
– Unha bolsa para persoas con grao en Enxeñaría con máster en Enxeñería de Camiños, Canais e Portos ou máster en Enxeñería industrial.
– Dúas bolsas para persoas con grao en Dereito.
– Unha bolsa para persoas con grao en Economía.

Requisitos:
– Ter rematado o grao exixido con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2019.
– Ter competencia en lingua galega no nivel Celga 4, equivalente ou superior.

A solicitude realizarase na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) co procedemento VI440D
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 20 de febreiro de 2023.
Máis información no DOG do 18 de xaneiro de 2023 e en http://igvs.xunta.gal/web/igv