Corrección de impactos paisaxísticos

17 Xan 2023

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda convoca axudas para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos.

Os seus principais obxectivos son aumentar a sensibilidade cidadá en relación coas alteracións ou impactos en relación coa paisaxe, é dicir, nas cales diversas actuacións xeraron transformacións que deterioraron o carácter ou a calidade da paisaxe.

Poderán ser obxecto de subvención as seguintes actuacións:
a) Actuacións de restauración e/ou revestimento de elementos de fachada.
b) Remate, renovación e/o substitución do acabamento exterior de cubertas.
c) Recuperación, restauración e/ou revestimento de muros de peche de terreos.

A persoa solicitante deberá ser propietaria do terreo, inmoble ou ben en que se pretende realizar as actuación.

As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento MT402A
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 17 de febreiro de 2023.
Máis información no DOG do 17 de xaneiro de 2023.