Subvencións para a renovación de electrodomésticos

17 Xan 2023

A Axencia Instituto Enerxético de Galicia convoca subvencións para a renovación de electrodomésticos.
A convocatoria estará aberta ata o 30 de setembro de 2023 ou ata que se esgoten os fondos.
As solicitudes presentaranse na sede electrónica da xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal co procedemento IN414C.

Electrodomésticos subvencionables
- Frigorífico e frigorífico-conxelador con clasificación enerxética A, B, C ou D
- Conxelador con clasificación enerxética A, B, C ou D
- Lavadora A, B ou C
- Lavalouza A, B ou C
- Placas de indución total (soamente tecnoloxía de indución, non mixtas)

Información
Na páxina web do Inega www.inega.gal  e no correo electrónico inega.info@xunta.gal
No teléfono: 981 54 15 00.
DOG do 17 de xaneiro de 2023