I Premio de Oratoria en Formato Podcast ou Vídeo "Ramón Otero Pedrayo"

16 Xan 2023

A Asociación Amigos de Otero Pedrayo convoca, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, o I Premio de Oratoria en Formato Podcast "Ramón Otero Pedrayo", coa finalidade de incentivar a expresión correcta e as habilidades comunicativas mediante o cultivo da expresión oral e da oratoria —da que o escritor ourensán foi un mestre—, con técnicas actuais para a sociedade dixital.

O certame, destinado a estudantes de 15 a 25 anos de idade que cursen estudos de ESO, bacharelato, graos universitarios ou mestrados, premiará podcasts e vídeos sobre temas ligados ao universo oteriano como o medio natural, o territorio, o patrimonio, a historia, a xeografía, a comunicación oral ou a tradición oral.

Premios:
1º premio, consistente no seguinte:
un ordenador portátil achegado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e valorado en 2.000 € e 500 € en produtos Coren e outros 500 € en metálico, achegados por Coren.
2º premio, dotado con 500 € en produtos Coren achegados por esta empresa.
3º premio, dotado con 250 € en produtos Coren achegados por esta empresa.

As pezas enviaranse ao correo asociacion.amigos.de.otero.pedrayo@gmail.com entre o 10 de febreiro e o 25 de xullo de 2023.

https://www.lingua.gal/c/document_library/get_file?folderId=1647067&name=DLFE-25148.pdf