Concurso de cinema: Pioneiras en 60 segundos

16 Xan 2023

Con motivo da celebración do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia o 11 de febreiro, Cultura Inquieta lanza xunto a Iberdrola a III Edición do concurso de micro-cinema: 'Historias de pioneiras en 60 segundos'.

Para participar, tedes que enviar vídeos de máximo 60 segundos de duración que conten historias sobre mulleres con determinación, valentes e rompedoras, que desen un paso á fronte. Mujeres do pasado ou do presente. Famosas ou perfectamente descoñecidas.

Debedes compartir os vídeos en Instagram ou Twitter incluíndo o hashtag #Pioneiras2023 e mencionando a @culturainquieta e @iberdrola

Os vídeos poden ser ficción ou de clave documental. Pódese empregar nesta ocasión imaxes de arquivo.

Animan a colexios, institutos, organizacións etc a participar!

Premios
1º premio: 2.000 €
2º premio: 1.000 €

Data límite: 17 de febreiro

https://www.instagram.com/p/cny7K7VM1a-/