A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) convoca subvencións á creación escénica.
Modalidades:
– Modalidade 1: subvencións á creación de espectáculos de empresas de nova creación.
– Modalidade 2: subvencións á creación escénica no ámbito do teatro, novo circo e maxia.
– Modalidade 3: subvencións á creación escénica no ámbito danza e artes do movemento.
– Modalidade 4: subvencións á actividade escénica de carácter plurianual.
Beneficiarias:
Persoas e empresas dedicadas profesionalmente á produción de actividade escénica, e quedan exceptuadas as asociacións e restantes entidades sen fins de lucro.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 13 de febreiro de 2023.
As solicitudes deben tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento CT403B
Máis información no DOG do 13 de xaneiro de 2023 en http://agadic.gal