ClimateScience Olympiad

12 Xan 2023

ClimateScience Olympiad convida a mozos e mozas de 12 a 25 anos de todo o mundo para participar nas Olimpíadas de Ciencias do Clima 2023 para atopar unha solución ao desafío do cambio climático no mundo e converterse nos líderes climáticos do mañá.

A Olimpíada de Ciencias do Clima celebrarase en liña e constará de catro roldas: Clasificatoria, Cuartos de final, Semifinais e Finais.

As dúas primeiras roldas consisten nun cuestionario tipo test. Nas dúas últimas roldas requírese unha proposta detallada para resolver un problema climático do mundo real.

Os problemas abarcarán 7 temas diferentes: enerxía limpa, agricultura, recursos hídricos, biodiversidade, economía sostible, transporte sostible e desenvolvemento global.

Persoas destinatarias: estudantes e mozos/as de entre menos de 12 e 25 anos. Poden participar de maneira individual ou nun equipo de dúas persoas. So compites con estudantes da túa mesma idade.

Os/as participantes teñen que inscribirse na web da Olimpiada. A proba clasificatoria é un concurso sobre o clima de 25 minutos de duración, que pode realizarse en liña en calquera momento.
Os centros escolares poden inscribir as súas probas clasificatorias para que todos os alumnos poidan participar de forma sincronizada. Tras a verificación, os centros escolares tamén poden obter versións imprimibles das follas e realizar os exames en papel.

Os 10 mellores equipos recibirán os seguintes premios:
1º - 5000 $
2º - 3000 $
3º - 2000 $
4º-7º: 1000 $ cada un
8º-10º: 500 $ cada un

Ademais do premio en metálico, os gañadores tamén terán a oportunidade de presentar as súas solucións no Cume do Clima das Nacións Unidas de 2023 en Dubai, Emiratos Árabes Unidos.

Prazo: 20 de maio de 2023.

https://climatescience.org/olympiad