Bolsa para estudos en EE.UU.

12 Xan 2023

Educations.com ofrece unha bolsa de ata 5.000 dólares a estudantes de todo o mundo que vaian estudar unha licenciatura nun centro ou universidade de EE.UU.

Requisitos das persoas interesadas:
Deben solicitar (ou solicitarán) praza nunha universidade de EE.UU.
Deben solicitar (ou solicitarán) unha licenciatura que comece no semestre de outono de 2023.
O programa de licenciatura debe estudarse no campus ou a distancia nun centro con sede nos EE.UU.
Certificado académico válido dos estudos previos
Debe cumprir os requisitos lingüísticos do programa.
Debe posuír ou ser elexible para solicitar un visado de estudos pertinente (se procede).


As solicitudes deben presentarse en inglés e incluirán:
Un breve formulario cumprimentado
Presentar un "elevator pitch”
Presentar un breve ensaio (400-500 palabras) sobre a pregunta: Por que elixiches EE.UU. como destino de estudos no estranxeiro e como che axudará a forxar o teu futuro?
Aos finalistas seleccionados pediráselles que presenten documentación adicional para demostrar a súa elixibilidade.

Prazo: 30 de xuño de 2023, 12:00 CEST.

https://www.educations.com/scholarships/study-a-bachelors-in-usa-19901