Igape responde! Asesoramento ao emprendemento

12 Xan 2023

Igape Responde é o programa gratuíto de resposta inmediata da Xunta para apoiar, asesorar e formar a empresas, persoas autónomas e emprendedoras de Galicia.
O obxectivo é axudar ao tecido empresarial ante os novos retos que presenta o actual contexto económico.

Quen pode participar?

Pequenas e medianas empresas, persoas autónomas e emprendedoras, comunidades de bens, asociacións, fundacións ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, realicen unha actividade empresarial.
Deberán ter algún centro de traballo en Galicia.

Ofrece dúas liñas de resposta para apoiar empresas, persoas autónomas e emprendedoras:

Consulta rápida

Soporte experto
Atención a consultas rápidas sobre dúbidas da xestión nas empresas.
Ata 3 horas cunha persoa experta

Asesoramento en liña

Medidas de acción inmediata
Información e formación nos ámbitos de xeral, financeiro, negocio, operacións, persoas, emprendemento e axudas ao investimento
25 horas de asesoramento en 6 semanas, aproximadamente

Podes consultar os próximos webinarios na seguinte ligazón: Programación de webinarios

 

responde.igape.es | Tlf.: 900 815 151