O Plan de Educación Financeira impulsado polo Banco de España, a Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV), e o Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital lanzan o programa escolar e o Concurso de Coñecementos Financeiros.
O obxectivo do programa é a introdución de contidos básicos de finanzas nas aulas, seguindo as recomendacións da OCDE, potenciando nos alumnos os seus coñecementos, destrezas e habilidades para comprender conceptos clave como o aforro, os ingresos, o orzamento persoal e o consumo responsable.
A inscrición no programa é voluntaria e gratuíta. Ademais, cada centro escolar pode impartir os contidos da forma que mellor se adapte á súa programación.
Consiste nun xogo de preguntas tipo test sobre cuestións económicas e financeiras desenvolto en dúas fases eliminatorias: unha primeira fase en liña e unha segunda fase presencial.
O prazo de inscrición no Concurso está aberto ata o 28 de abril de 2023
Requisitos
Poderá participar alumnado de centros educativos con domicilio en España rexistrados no Programa e que se atopen cursando, na data da inscrición, 3º ou 4º da E.S.O., bacharelato ou ciclos formativos de grao medio.
Dotación
- Primeiro premio:
Unha tablet para cada alumno/a.
Unha tablet para o/a docente coordinador do equipo.
3.000 euros en material escolar para o centro educativo.
Comida e visita guiada ao Banco de España e ao Palacio da Bolsa de Madrid aos alumnos, docente coordinador/a do equipo e representante do centro educativo.
Celebración de Xornada Divulgativa no centro educativo por representantes do Plan de Educación Financeira.
Trofeo conmemorativo.
- Segundo premio:
Unha tablet para cada alumno/a.
Unha tablet para o/a docente coordinador do equipo.
1.500 euros en material escolar para o centro educativo.
Comida e visita guiada ao Banco de España e ao Palacio da Bolsa de Madrid aos alumnos, docente coordinador/a do equipo e representante do centro educativo.
Trofeo conmemorativo.
Máis Información
finanzasparatodos@bde.es
Bases da convocatoria
Formulario de inscrición
Web Finanzas para todos