Concurso “Circular Homes Challenge”

11 Xan 2023

O Instituto Valenciano da Edificación (IVE) está a organizar o concurso “Circular Homes Challenge” para dar a coñecer distintas formas de facer da vivenda un lugar máis sostible. 

O obxectivo do concurso é propoñer ideas que promovan a circularidade no fogar, como por exemplo, dar unha nova vida a produtos que xa terminaron o seu ciclo de uso ordinario, proporcionando unha utilidade nova e distinta á orixinalmente implementada para o mesmo. Procúranse ideas orixinais que diminúan ou eviten o uso de recursos non renovables (materiais, enerxía e/o auga).

Categorías

Estudantes de formación profesional ou universidade, calquera que sexa a rama de estudo.
Público Xeral, sendo requisito desta categoría o de ser maior de idade conforme á lexislación do país do que é nacional e residente da Unión Europea.

O prazo de presentación de proxectos finaliza ás 23:59 CET do día 27 de Xaneiro de 2023.

Serán gañadores os proxectos que obtivesen maior número de likes e aqueles que o Xurado especializado outorgue maior puntuación en base aos criterios expostos nas bases.
Cada participante poderá participar nun máximo de ata tres proxectos, xa sexa de maneira individual ou en grupo. Para poder participar no concurso, as persoas participantes deberán explicar nun vídeo dun minuto e medio de duración como máximo, a forma en que implementan o seu proxecto.

Os proxectos poderán ser entregados das seguintes formas:
Correo electrónico a challenge@circularhomes.eu, achegando o vídeo definitivo que será subido á plataforma de TikTok da entidade.
Subindo o vídeo á plataforma TikTok, coa etiqueta #CircularHomesStudent ou #CircularHomesGeneral. O xestor do concurso descargará o vídeo da plataforma TikTok e subirá o vídeo ao seu propio canal de contidos de Tiktok no inicio do período de votacións, non sendo posible, unha vez subido o vídeo, o cambio do mesmo.

Dotación

Estudantes Votación 500€
Estudantes Votación Xurado especializado 500€
Público Xeral votación 500€
Público Xeral Xurado especializado 500€

 

Bases da Convocatoria |challenge@circularhomes.eu