Cartel da 16ª edición do Ecozine Film Festival

10 Xan 2023

A asociación cultural Ecozine convoca un concurso para o deseño do cartel da 16ª edición do Ecozine Film Festival.

Poden participar no concurso calquera persoa residente en España, presentando un máximo de dúas obras, sendo condición indispensable que as obras sexan orixinais e distintas unha doutra. Pódese participar de forma individual ou colectiva. Admitiranse a este concurso soamente obras inéditas.

O cartel terá como temática principal o Cinema relacionado co Medio Ambiente (cambio climático, acceso a recursos naturais, protección de océanos, biodiversidade, enerxías, activismo ambiental, etc).

Deberá figurar exclusivamente a seguinte lenda: Ecozine Film Festival. 16ª edición. 12-20 Abril 2023

Os traballos deberán enviarse á seguinte dirección electrónica: comunicacionecozine@gmail.com
Data e hora límite de presentación: 20 horas do venres 10 de Febreiro de 2023.

Premio de 700 €.

Máis Información: https://drive.google.com/file/d/1Y6aiO58dJ0YMLHNvyDqNDN98MvdjFWqT/view