Axudas para a formación de profesorado universitario

10 Xan 2023

Aprobada a convocatoria correspondente a 2022 de axudas a contratos predoutorais para a formación investigadora en programas de doutoramento para a consecución do título de Doutor/a e a adquisición de competencias docentes universitarias en calquera área do coñecemento científico, que faciliten a futura incorporación de novos doutores ao sistema español de educación superior e de investigación científica (axudas FPU).

Convócanse 900 axudas das cales 45 se reservan a estudantes cunha discapacidade igual ou superior ao 33%. De existir axudas non cubertas no grupo de reserva acumularanse ao grupo xeral.

Prazo de presentación de solicitudes: desde o 17 de xaneiro ao 15 de febreiro de 2023 ás 14 horas (horario peninsular) ambos inclusive.

Requisitos
Persoas en posesión do título de grao e matriculadas nun programa de doutoramento nunha universidade española no curso 2022-2023, no momento de presentación das solicitudes.
Alternativamente, os solicitantes poderán acreditar que no momento de presentación das solicitudes se atopan en posesión do título de máster ou están matriculados no curso 2022-2023 nun máster universitario oficial que dea acceso a un programa de doutoramento no curso 2023-2024

Dotación
Os contratos predoutorais teñen establecida unha contía de 1.230,08 euros mensuais o primeiro ano, 1.317,95 euros mensuais o segundo ano e 1.647,44 euros mensuais o terceiro e cuarto ano e dúas pagas extraordinarias cada ano.

 

Convocatoria no BOE | Convocatoria na Base de Datos Nacional de Subvencións | Páxina Web Ministerio de Universidades