Axudas a vítimas da violencia de xénero

10 Xan 2023

A Secretaría Xeral da Igualdade convoca as seguintes axudas:
- Axudas de indemnización económica dirixidas ás fillas e fillos menores de 30 anos das vítimas mortais por violencia de xénero, e que dependesen economicamente da súa nai e/ou do seu pai agresor.
- Axudas de indemnización dirixidas ás mulleres que resultasen gravemente feridas, con lesións que requiran hospitalización, como consecuencia dunha agresión por violencia de xénero.

O importe das indemnizacións é de 7.000 €, que será aboada unha única vez por cada persoa beneficiaria e para o mesmo feito causante.
O código do procedemento correspondente a estas axudas é o SI460A en https://sede.xunta.gal
O prazo para a presentación de solicitudes estará aberto ata o 30 de novembro de 2023.

Máis información no DOG do 10 de xaneiro de 2023 e en https://igualdade.xunta.gal