Axudas para estudos universitarios por causa sobrevida

09 Xan 2023

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades convoca axudas destinadas ao alumnado que curse estudos universitarios conducentes a unha titulación de grao, no curso académico 2022/23, nas universidades públicas de Galicia, cunha necesidade urxente de recursos económicos motivada por causas sobrevidas e imprevistas, ocorridas durante o actual curso académico, que lle impidan ou dificulten a continuidade dos seus estudos.

Requisitos das persoas solicitantes:
1) Necesidade urxente de recursos económicos para paliar a situación de emerxencia derivada dunha causa sobrevida e imprevista ocorrida no actual curso académico (orfandade absoluta; situación de desemprego, falecemento, falta de pagamento acreditada por denuncia ou sentenza de pensións alimenticias nos casos de separación ou divorcio; enfermidade grave, recoñecemento de incapacidade permanente absoluta para todo traballo dalgún dos sustentadores principais da unidade familiar; condición de emigrante retornado; vítimas de violencia de xénero; vítimas de actos terroristas e outras circunstancias non recollidas que, sendo debidamente acreditadas, repercutan na situación socioeconómica familiar).
2) Que a situación sobrevida e imprevista aconteza durante o actual curso académico 2022/23. Entenderase por curso académico o comprendido entre o 1 de xullo de 2022 e o 30 de xuño de 2023.
3. Estar matriculado, no curso académico 2022/23, como mínimo en 50 créditos, incluídos os créditos recoñecidos, en estudos universitarios conducentes a unha titulación de grao, en calquera das universidades públicas do Sistema universitario de Galicia, agás o alumnado ao cal lle quede un número inferior de créditos para rematar os seus estudos, que deberá estar matriculado, como mínimo, de 30 créditos, incluídos tamén os créditos recoñecidos.
4. Que a renda per cápita da unidade familiar non sexa superior ao importe anual da pensión non contributiva individual que estableza a Lei de orzamentos xerais do Estado para o ano 2023 multiplicada por 1,80.

Prazos:
- Se a causa sobrevida e imprevista aconteceu con anterioridade á publicación desta axuda , o prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 9 de febreiro de 2023.
– Se a causa sobrevida e imprevista acontece con posterioridade á publicación desta axuda, o prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde que aconteceu a causa sobrevida sendo. Nestes casos, a data límite para a presentación das solicitudes será o 31 de xullo de 2023.

As solicitudes poden presentarse en https://sede.xunta.es/ co procedemento ED433A
Máis información no DOG do 9 de xaneiro de 2023 e en orientacion.sug@edu.xunta.es
http://www.edu.xunta.gal/portal/