Programa "Centros de educación ambiental"

05 Xan 2023

O Ministerio de Educación convoca o programa Centros de educación ambiental en Cantabria e Zamora

É un proxecto educativo que pretende propiciar a adquisición de coñecementos, hábitos e condutas que incidan no coidado e mellora da contorna ambiental, mediante a análise dos problemas derivados da relación do home co medio e a participación en actividades que levan á reflexión, o compromiso e a actuación responsable cara á contorna.
Así mesmo trata de fomentar hábitos de vida saudable e desenvolver un conxunto de valores como a responsabilidade, a perseveranza, o coñecemento de si mesmo, o respecto e a autoestima.

A actividade desenvolverase en Villardeciervos (Zamora) e en Viérnoles (Cantabria).

Requisitos:
Grupos de alumnos/as que cursen 5º e 6º de Educación Primaria, ESO ou Formación Profesional Básica.

Quendas:
A convocatoria é para un máximo de 64 grupos de centros docentes españois compostos de 20 a 23 alumnos e 2 profesores para participar nas actividades programadas nos centros de Educación Ambiental, en Villardeciervos (Zamora) e en Viérnoles (Cantabria), durante 16 quendas:
- Período de primavera, 8 semanas, entre o 27 e o 31 de marzo, e entre o 17 de abril e o 2 de xuño de 2023.
- Período de outono, 8 semanas, entre o 25 de setembro e o 17 de novembro do 2023.

O Centro de Educación Ambiental ten capacidade para acoller semanalmente 2 grupos de 23 alumnos e os seus profesores acompañantes.
As quendas son de cinco días establecidos de luns a venres.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 6 de febreiro de 2023.

Máis información no BOE do 5 de xaneiro de 2023 e en:
https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/centros-docentes/becas-ayudas-subvenciones/no-universitarios/centros-educacion-ambiental.html