Bolsas Fundación Carolina 2023 - 2024

05 Xan 2023

O próximo 17 de xaneiro abrirá a 23ª convocatoria de bolsas da Fundación Carolina. A partir de sa data, a oferta académica estará dispoñible na súa páxina web e poderán realizarse solicitudes para bolsas de posgraduado, doutoramento e estancias de investigación.

Nesta edición ofértanse bolsas distribuídas nas seguintes modalidades:

236 Bolsas de posgrao
90   Bolsas de doutoramento e estancias curtas postdoutorais
27   Bolsas de mobilidade de profesores
121 Bolsas de estudos institucionais
120 Renovacións de bolsas de doutoramento

Modalidades de bolsas

- Bolsas de posgrao. Dirixidas á formación en España de licenciados nacionais dun país de América Latina, membro da Comunidade Iberoamericana de Nacións, ou Portugal, con capacidade académica ou profesional avalada por un currículo sobresaliente. O programa ofrece dúas modalidades de apoio, bolsas e axudas ao estudo, diferenciándose na achega económica que en cada caso asume a FC, as institucións académicas españolas e o propio bolseiro.

- Bolsas de doutoramento e estancias curtas postdoutorais. As bolsas de doutoramento están dirixidas a fomentar a obtención do grao académico de doutor entre os docentes das universidades de América Latina asociadas coa FC, mentres que o obxectivo das bolsas de Estancias curtas postdoutorais é completar a formación postdoutoral dos profesores destes centros e facilitar o establecemento de redes académicas entre España e América. Ambos os tipos de bolsas están cofinanciadas, o 60% do custo total da bolsa cóbreo a Fundación Carolina e o 40% restante a universidade ou institución de América Latina

- Programas de Mobilidade de Profesorado. Permiten unha estancia curta de investigación en España a docentes ou persoal investigador das universidades arxentinas, brasileiras e portuguesas.

- Programas de Bolsas e Estudos Institucionais. Estas bolsas están concibidas como unha axuda para o financiamento de plans de formación en centros españois que tendan ao fortalecemento institucional das administracións públicas iberoamericanas.

 

www.fundacioncarolina.es