A Renda Social Municipal é unha prestación económica do Concello da Coruña destinada a paliar situacións temporais de necesidade e garantir uns recursos mínimos de subsistencia aos veciños e ás veciñas da Coruña.
Esta axuda está dirixida á cobertura de necesidades básicas como a alimentación diaria, o vestiario, o transporte, os coidados persoais e da vivenda e os gastos que teñen que ver co aloxamento ou alugueiro.
Trátase dun apoio aos procesos de inclusión para lograr a mellora persoal e social das persoas que o precisen e da súa unidade de convivencia.
A quen vai dirixida?
A todas aquelas persoas en situación ou risco de exclusión social, con dificultades para cubrir as súas necesidades básicas e as das persoas membros da mesma unidade de convivencia.
Inscricións
Prazo de inscrición aberto desde o 03/01/2023 ata o 31/12/2023
Para ver os requisitos completos e máis información consultar a seguinte ligazón: Ordenanza municipal reguladora da Renda Social Municipal
Páxina web Concello da Coruña
Tlf.: 010
Publicación: BOP 26/08/2016