Portal de Emprego - 'Empléate'

04 Xan 2023

Que é o Portal de emprego 'Empléate'?

Espazo web no que se dá a máxima visibilidade ás ofertas de emprego, aloxando toda a información de utilidade para orientar e poñer ao alcance de cidadáns e empresas todas as ferramentas que faciliten a procura de emprego ou o inicio dunha actividade emprendedora a través dunha estratexia dixital.

O Portal agrega, nun único punto de acceso, toda a oferta de emprego existente nos portais públicos e privados a través dun metabuscador, cos obxectivos de contribuír a dinamizar a colocación e de conferir unha maior transparencia ao mercado de traballo.

Por que 'Empléate'?
O Portal de Emprego - 'Empléate' é unha ferramenta recomendable ao ser:
• Público
• Gratuíto
• Sinxelo
• Seguro, conta co respaldo dun organismo público, o SEPE.
• Ten soporte técnico

Para as persoas que buscan emprego

Podes acceder a 'Empléate' a través de: http://empleate.gob.es ou a través da páxina principal do SEPE www.sepe.es 
Se te dás de alta no portal, poderás incorporar os teus datos profesionais e recibir recomendacións que se axusten ao teu perfil. As empresas poderán ver o teu perfil.

O buscador desta web permite usar moitos fíltros que facilitan a procura das ofertas de emprego que mellor se adapten ao teu perfil. As ofertas que se poden atopar pertencen tanto a empresas privadas como a organismos públicos.

Dotado cun asistente de emprego que permite coñecer os empregos que se están contratando e, a través dun breve test, poderás descubrir as opcións que se adaptan ao teu perfil. Desta forma, pódese saber onde se están producindo as contratacións do teu interese.

Para as empresas que buscan talento

O Portal Único de Emprego - 'Empléate' é unha ferramenta gratuíta destinada a empresas e departamentos de Recursos Humanos para que atopen os mellores perfís profesionais para as súas organizacións.
Ademais, verifícase que as empresas colaboradoras sexan reais. 

Como empresa poñerás a túa oferta de emprego onde todo o mundo a poida ver, contando cun buscador intelixente que recomendará profesionais.
Conta tamén coa colaboración da Rede EURES (EURopean Employment Services, rede de cooperación para o emprego e para a libre circulación de traballadores), para dar maior difusión ás ofertas.

Accede á web do Portal de Emprego mediante a seguinte ligazón: www.empleate.gob.es