Certame de Relato Curto David Beriain

02 Xan 2023

A empresa de aloxamento universitario Unibooking convoca ao 1er Certame Literario Internacional de Relato Curto David Beriain.

Un concurso que nace cunha vocación de periodicidade anual e está aberto a todos aqueles estudantes que estean matriculados na universidade ou centro de ensinos artísticos superiores, sen importar a súa nacionalidade.

O obxecto do concurso é fomentar a creatividade literaria e a cultura entre a mocidade universitaria e promover os valores que representa a figura de David Beriain, como son a tenacidade, a humildade e a valentía.

O tema será: “Os tempos cambian”: Cóntanos unha historia sobre un personaxe pasando por unha etapa de cambio. Pode ser a chegada á universidade, a disolución dunha relación ou o comezo dunha, un novo traballo, mudarse a unha nova cidade, etc. Calquera etapa de cambio que TI queiras explorar como escritor/a.

Valores: Polo menos un dos 3 valores que promove o certame, como son a tenacidade, a humildade e a valentía, deberán quedar reflectidos no texto.

Os traballos poderán presentarse única e exclusivamente a través do formulario oficial na web de Unibooking.

Prazo de admisión: Ata o 30 de xaneiro ás 23h 59.

Poderá participar calquera estudante universitario que estea matriculado nunha universidade, sen importar a súa nacionalidade. As obras que se presenten deberán ser inéditas, orixinais e non premiadas noutros certames literarios.

Dotación: Haberá un gañador que recibirá como premio a cantidade de 750 € en metálico.

Haberá adicionalmente dous finalistas, cuxos relatos, xunto co do gañador, serán publicados nun fanzine que se presentará en rolda de prensa. Realizarase unha tirada do fanzine de 2.000 unidades que se poñerán á venda por 5€. Os beneficios destinaranse á ONG Reporteiros sen Fronteiras.

Máis información en https://www.unibooking.es/es/content/concurso-relatos