'DigitalízatePlus' oferta novos cursos gratuítos de turismo e hostalería para dotarte e axudarche a adquirir e mellorar as túas competencias profesionais nestas áreas.
O SEPE e Fundae, a través da súa plataforma de formación 'DigitalízatePlus' e no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, poñen á túa disposición formación en materias como:
- Xestión da restauración
- Inglés profesional para turismo
- Xestión de alérgenos
- Ecoturismo
- Saúde, nutrición e dietética
Rexístrate para poder inscribirte nos cursos que sexan do teu interese aquí. Impartiranse en diversos centros e datas e nas modalidades de teleformación, presencial e mixta.
En 'DigitalízatePlus', a través do seu buscador, podes acceder á formación gratuíta que che axudará a avanzar na túa carreira profesional, descubrir cales son os empregos máis demandados na actualidade, mellorar as túas competencias dixitais e as da túa empresa.
Páxina web 'DigitalízatePlus'
Cursos de turismo e hostalería
Rexistro novo usuario/a