Bolsas Xunta de Galicia/Fulbright para a ampliación de estudos artísticos en EEUU

02 Xan 2023

O programa de bolsas Xunta de Galicia/Fulbright ten por obxecto a convocatoria de 5 bolsas para a ampliación de estudos artísticos nos Estados Unidos de América durante o curso 2023-2024, en calquera especialidade ou área de actividade artísticas (artes audiovisuais, artes escénicas, artes plásticas e visuais, música e musicoloxía, museoloxía e conservación do patrimonio e xestión cultural).

Inscricións
Ata o 12/01/2023
Tramitación en liña en fulbright.es

Duración
Mínimo de 6 e máximo de 12 meses, entre agosto de 2023 e decembro de 2024

Requisitos
Ser maior de idade e ter a nacionalidade española. Non poderán optar á bolsa as persoas que teñan a dobre nacionalidade española e estadounidense ou dispoñan do permiso de residencia en EEUU
Estar vinculado a Galicia por nacemento, residencia, formación en estudos superiores ou artísticos, ou traxectoria profesional
Posuír o título superior de grao ou outro título expedido por unha institución recoñecida que acredite a formación na disciplina artística de que se trate. Ademais, poderán optar á bolsa quen conte coa suficiente experiencia profesional para obter a carta de invitación ou admisión nun centro de EEUU
Dispoñer dunha carta de acceso, invitación ou admisión nun centro estadounidense para realizar un programa académico ou de investigación acorde co proxecto descrito na solicitude
Coñecemento do idioma inglés -falado e escrito-, suficiente para desenvolver o proxecto proposto.
Darase preferencia aos candidatos que non teñan experiencia recente e ampla en EEUU, así como aos que non gozasen previamente dunha bolsa Fulbright

Dotación
Viaxe de ida e volta e gastos varios de primeira instalación: 2.300 USD.
No caso de que o bolseiro asista a un curso preacadémico: 2.600 USD.
Asignación mensual entre 1.485 e 2.925 USD en concepto de aloxamento, manutención e gastos adicionais.
Gastos de matrícula, taxas obrigatorias, seguro médico obrigatorio da institución de destino e outros gastos necesarios para desenvolver o proxecto presentado de ata 10.000 USD

 

Páxina web Fulbright
Información sobre esta convocatoria
Tlf.: 91 702 70 00 (de luns a venres de 9 a 14 h.)

Consultas sobre o estado da solicitude: registro@fulbright.es