Queres conseguir unha das 50 bolsas de 5.000 € para facer aquilo que máis desexas?
En Huawei convocan 50 bolsas para apoiar os vosos soños, sexan os que sexan. Sodes mentes únicas con proxectos únicos e queren estar do voso lado.
- Certificado de estudos en curso (Queren saber que vos interesa)
- Certificado de notas (Déixalles ver que tal van as túas notas)
- Desenvolvemento do tema. Explica e desenvolve unha das preguntas do cuestionario segundo o teu nivel de estudos. Envía a túa proposta nun documento pdf (de non máis de 2 páxinas con interlineado sinxelo, letra Arial e tamaño 12.
- Explica o teu ensaio nun vídeo de 2/3 minutos. Súbeo a Youtube en oculto e mándalles a ligazón para que podan velo.
- Carta de motivación: cóntalles que che levou a participar nesta iniciativa. (1 páxina con interlineado sinxelo, letra Arial e tamaño 12)
- Recomendacións de docentes (1 mínimo e 3 máximos)
Dar o salto depende de ti.
Prazo: 18 de febreiro de 2023