A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade convoca o Programa Investigo para a contratación de persoas mozas, de 16 ou máis anos e que non fixesen os 30 anos no momento do contrato, por organismos de investigación e difusión de coñecementos, universidades públicas, centros tecnolóxicos, parques científicos e tecnolóxicos, entidades públicas suxeitas a dereito privado, e entidades privadas sen ánimo de lucro, xunto con empresas que estean a investir en investigación e innovación pertencentes ao sector público ou privado.
A presentación das solicitudes realizaranse na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal co formulario TR349V.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 2 de febreiro de 2023.
Máis información no DOG do 2 de xaneiro de 2023